Cultura e Caixanova presentan o espectáculo Engado

    obravilla100__001.jpgVILAGARCÍA > O espetáculo Engado represantarase ó vindeiro sábado no auditorio de Vilagarcía.

    É unha actuación da compañía Nova galega de danza, que fusiona a música en directo coa danza. A dirección artística e coreográfica corren a cargo de Vicente Colomer e Jaime Díaz. Sobre o escenario actuarán seis músicos e 5 bailaríns.

    Este é o último dos actos dentro do convenio de colaboración que o concello de Vilagarcía mantén coa entidade bancaria Caixanova para esta tempada. Ámbalas dúas partes resaltaron a calidade cultural e artística da actuación e tamén esperan que teña unha boa aceptación por parte do público. Engado representase nunha semana que segundo Castro Ratón será dunha intensa actividade cultural en Vilagarcía, con zarzuelas e actuacións de maxia incluídas.

    Redacción Salnés