Maniféstanse para protestar ante a Confraría de Carril os vixiantes despedidos

    VILAGARCÍA > Os vixiantes da confraría de Carril despedidos esta semana foron arroupados por ducias de socios do pósito carrilexo na concentración celebrada diante da sede do cabido. Tal e como anunciaran, ás 9 e media da mañá do venres dábanse cita ás portas da confraría para solicitar a súa readmisión por un despido inxusto.

    despidos_300_110507.jpg‘Non ós despidos’ foi o lema baixo o que se amparou a manifestación diante da confraría de Carril como protesta ós despidos de dous de tres vixiantes do pósito. Ducias de socios do cabildo, sindicalistas e mesmo algún político apoiaron coa súa presenza aos despedidos. Rolando Vidal e Francisco Lorenzo aseguran ser vítimas dunha persecución por teren declarado en contra de dous dos membros da directiva do cabildo nun xuízo.

    O terceiro vixiante, Luís Cores, sostén que a el non o despediron por ser sindicalista. Ademais advirten de que a directiva mantivo unha reunión clandestina o mércores na Confraría Santiago Apóstol de Carril ás 9 da noite na que se deron cita o patrón maior, distintos membros do cabido e persoas alleas a este. Reivindican que se lles volva admitir porque se trata, segundo a súa versión, dun despido improcedente. Namentres non se tome unha decisión favorable aos despedidos continuarán a se manifestar semanalmente.

    Redacción Salnés