A Cidade da Cultura cumpre dous anos de apertura ó público

     SANTIAGO> Malia á crise, medran o número de visitantes e de actividades culturais realizadas.

    {flowplayer}images/salnes/CidadeCultura_110113.flv{/flowplayer} 

    Nun contexto de recortes, a optimización de recursos fixo posible que a actividade na Cidade da Cultura medrase. De feito, o ano pasado organizáronse un 14% de actividades máis que no 2011, mentres que o orzamento da Fundación Cidade da Cultura se vía reducido nun 30%.

    Dous anos despois da súa inauguración polos Príncipes de Asturias, o Gaiás foi visitado por un total de 664.739 persoas e organizáronse nel 509 actividades culturais.

    O programa de aforro destes dous anos veu encabezado pola paralización das obras nos dous edificios pendentes, decisión que lle permitiu á Xunta de Galicia aforrar 77 millóns de euros. Malia isto, inaugurouse o Museo Centro Gaiás e o Centro de Innovación Cultural (CINC), concluíndo o proceso de posta en funcionamento dos catro edificios construídos.

    A Cidade da Cultura impulsou durante este bienio un plan para a explotación e rendabilización dos espazos a través do seu aluguer para a organización de eventos empresariais e da súa cesión para dar apoio a institucións e colectivos sociais e culturais. Deste xeito, ademais das 271 actividades do programa cultural, o Gaiás acolleu en 2012 un total de 189 eventos organizados por empresas privadas, como Apple, BBVA, Banco Santander ou El Corte Inglés.

    Na programación de 2012 destacaron exposicións como Gallaecia Pétrea ou Códices, esta última recentemente clausurada. Entre ambas atraeron máis de 80.000 persoas á Cidade da Cultura.

    Redacción Salnés