Cambados renova a súa flota de vehículos con 70.000 euros

    CAMBADOS> O concello de Cambados renova a súa flota de vehículos con catro novas incorporacións. As adquisicións veñen substituír outros vehículos vellos, que xeraban gastos moi elevados debido ao seu deterioro. A operación, que suporá un investimento de 70.000 euros con cargo ao Plan Concellos 2015 da Deputación, busca optimizar e reducir o custo do mantemento da flota municipal. Catro novos vehículos incorporaranse á flota do concello de Cambados. Virán para substituír a outros de máis anos, e que cuxo mantemento xeraba gastos elevados ao concello local. Ao vehículo da Policía Local e ao camión volquete sumaranse nas próximas semanas unha furgoneta e unha grúa. O investimento é de 70.000 euros, que se realiza con cargo ao Plan Concellos 2015 da Deputación, na partida que se consignara para a praza de abastos. Os gastos que xeran están a ser controlados polo departamento de contabilidade do concello grazas a unha aplicación informática. Nela rexistran cada factura relacionada cos vehículos. Actualmente, a flota municipal do concello de Cambados supera os 15 vehículos.