A rexeneración do litoral rianxeiro estará concluída para o verán de 2008

    visitadirectorxeralcostas_100_150507.jpgRIANXO > O director xeral de Costas, José Fernández, visitou varias praias do municipio de Rianxo, onde se van acometeros traballos de rexeneración.

    As praias do Pazo, Tanxil, Porrón, As Cunchas, A Torre e Taragoña serán as beneficiadas por esta actuación financiada polo Ministerio de Medio Ambiente cunha subvención próxima ós nove millóns de euros.

    As obras consisitrán no aporte de áridos para recuperar e poñer en valor estas zonas costeiras que sufriron unha importante perda de area nos últimos anos. O director xeral de Costas do Ministerio do Estado, José Fenrández, quixo coñecer as praias nas que se van levar a cabo os traballos de rexeneración, recentemente adxudicados á empresa Dragados S.A.

    O representante do Ministerio de Medio Ambiente informou tamén do estado en que se atopa po proxecto de conexión do actual paseo marítimo con Taragoña. Na actualidade, a demarcación de Costas está traballando na redacción do proxecto e agárdase que a actuación poida iniciarse antes de finais de ano.

    Con estas actuacións, o Ministerio de Medio Ambiente vén satisfacer un vello compromiso co concello de Rianxo. A recuperación das súas praias, que agora se inicia, estará finalizada de cara ó verán do próximo ano cando veciños e visitantes poderán desfrutar plenamente do litoral rianxeiro.

    Redacción Barbanza