O PP propón ós Concellos crear unha oficina virtual de emprego

    feijoonogrove100_150507.jpgO GROVE > Un portal de internet para buscar traballo e para promover accións formativas. É a proposta do PP para conseguir …

    … o tan ansiado pleno emprego. Pero tal iniciativa debe partir segundo Alberto Núñez Feijóo, dos propios Concellos. Así o dixo hoxe no Grove, tras reunirse con Xóvenes Empresarios da localidade.

    O Partido Popular propón ós Concellos que poñan en marcha unha oficina virtual para a promoción do emprego. Segundo indicou hoxe o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, os Gobernos Municipais deben aproveitar a relación próxima cos seus habitantes para favorecer a conexión entre empregado e empresa e viceversa. O obxectivo é conseguir un pleno emprego. Para iso propón a creación dun portal de internet en funcionamento as 24 horas do día.

    Feijóo realizou estas declaracións no Grove. O presidente dos populares galegos reuniuse esta mañá cos Xóvenes Empresarios locais, na compaña do presidente do PP provincial Rafael Louzán, e dos membros da candidatura do PP ás Municipais, encabezados por Miguel Pérez. Feijóo tamén tivo oportunidade de escoitar algunhas demandas dos veciños, como as vendedoras da praza de Abastos, que lle explicaron o conflicto que manteñen polo posto de venda da Confraría de Pescadores do Grove.

    Redacción Salnés