Catalina González propón traslada-lo mercado de Sanxenxo á rúa Constitución

    catalinagonzalezcandidata__100_141106.jpgSANXENXO > A alcaldesa asegura que en 2008 podería estar lista a nova praza nesta parcela de 3.000 m2 que albergaría tamén o centro de saúde.

    A alcaldesa de Sanxenxo explicoulle á Asociación de Vendedores do Mercado de Abastos que esta alternativa permitiría dotar á praza dos servizos dos que agora carece, como un amplo aparcamento, zona interna de carga e descarga, cámaras frigoríficas ou montacargas.

    ‘Os 400 m2 cos que conta agora o mercado son insuficientes para que sexa competitivo e por eso queremos trasladalo a unha parcela de 3.000 m2 e que se atopa tan só a cen metros da localización actual’, defendeu González, quen engadiu que se trataría dunha alternativa que lles ‘gustaría que fose estudada e considerada polos vendedores’.

    A alcaldesa asegurou que, en caso de contar coa aprobación dos praceiros, este equipamiento podería estar funcionando no verán de 2008 e a súa construcción non afectaría ás vendas xa que os postos seguirían abertos na rúa Madrid ata que rematasen as obras. Catalina González adiantou ademais que neste solar pretende situar tamén o Centro de Saúde de Sanxenxo.

    Paifillonai

    Por outra banda o Concello vai poñer en marcha de novo o programa Paifillonai que pretende conciliar a vida familiar e laboral. Será entre o 2 de xullo e o 31 de agosto e está dirixida a nenos de 3 a 12 anos. O horario será 8 da mañá a 5 da tarde de luns a venres e contará con servizo de comedor que custará 3 euros con 45 céntimos ó día. Os interesados poden solicitar praza ata o día 31 no Centro Municipal de Servizos Sociais.

    E finalmente destaca-la posta en marcha en Sanxenxo do servizo de limpeza de praias. Oito persoas traballarán dende hoxe e ata o día 14 de setembro mediante un plan elaborado pola Deputación de Pontevedra. Redacción Salnés