Ferrazo acolle a 29ª Travesía a nado de Vilagarcía

    VILAGARCÍA> O porto de Ferrazo foi hoxe o escenario da celebración da vixésimo novena edición da Travesía a nado de Vilagarcía, que cadra sempre…

    {flowplayer}images/salnes/travesia_nado.flv{/flowplayer}

    … ca celebración das festas de San Roque. Na competición deste ano anotáronse máis de 200 persoas, o que supón un record na súa historia. De entre estes nadadores, houbo quen participou na travesía oficial de 2.500 metros ó peirao náutico ata o Ferrazo ida e volta; ou tamén houbo quen participou na proba non clasificatoria de 800 metros.

    Os participantes na primeira proba que acudiron soamente para divertirse encontráronse, en moitos dos casos, cunha auga máis fría do que en principio cabía agardar.

    O frío dos nadadores foise combatendo a base de avituallamento, agasallos e uns 60 trofeos repartidos entre os mellores. A principal novidade deste ano, como ven, foi o cambio de localización; que deixou de consistir en tirarse dun barco no peirao de Carril e nadar ata Vilagarcía por mor das modificacións nas normas do campionato galego. E mais, para o vindeiro ano, a organización xa ten previsto algunha que outra mellora.

    Redacción Salnés