A veciñanza de Vilaxoán congregouse en masa para o regreso de Vilaxoán Canta

VILAGARCÍA> Vilaxoán volveu a cantar nas súas festas do Carme. A agrupación musical deuse cita xunto co resto da veciñanza na praza Rafael Pazos. Lideradas polo novo director Álvaro Cardalda, entre as novidades deste ano tiveron un especial protagonismo os máis pequenos.

A localidade de Vilaxoán volveu a gozar esta fin de semana das súas festas do Carme. A volta á normalidade tamén permitiu que regresara Vilaxoán Canta. A agrupación musical composta por veciños e cun repertorio de música tradicional e mariñeira. Xunto coa agrupación, o resto da veciñanza abarrotou á Praza Rafael Pazos para cantar ao unísono.

Esta edición de Vilaxoán Canta é a primeira con Álvaro na dirección. O vilaxoanés colleu a testemuña de Salvador Cores o Manso.

Son moitas as novidades introducidas por Álvaro en Vilaxoán Canta. Ao longo de máis dunha hora de actuación, pasaron polo escenario outros músicos  importantes tanto para Vilaxoán como para o resto de Galicia, artistas como Baldomero Iglesias ou o propio Manso. Pero a novidade máis especial para a vila foi a participación dos máis pequenos.

A actuación de Vilaxoán Canta inclúese dentro do cartel das festas do Carme de Vilaxoán. Uns festexos que comezaron o venres e remataron o luns.

Tralo éxito de Vilaxoán Canta, as festas do Carme puxeron o punto e final en Vilaxoán coas actuacións das orquestras Los Player e Magos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí