O BNG nega o ‘afán electoralista’ na sinatura do convenio con Eroski

    bngboiro_100_210507.jpgBOIRO > O BNG de Boiro negou calquera tipo de ‘afán electoralista’ no acto de sinatura do convenio con Eroski celebrado o pasado xoves no Pazo de Goiáns.

    O BNG de Boiro compareceu ante os medios de comunicación para saír ó paso das declaracións realizadas dende o grupo socialista nas que acusaban á formación nacionalista de ‘sacar rendemento electoral’ ó acto de sinatura do convenio con Eroski. 

    Segundo explicou o responsable de comunicación do BNG de Boiro, Alberto Piñeiro, ó acto foron convocados os representantes do tecido asociativo de Boiro así como portavoces dos distintos grupos políticos, incluído o do PP que declinou a invitación.

    sinaturaconvenioeroski_210507.jpgAdemais o acto non foi organizado polo departamento de comunicación do BNG senón polo gabinete de prensa do concello, e seguiuse estrictamente o protocolo. Segundo Alberto Piñeiro, o único fallo foi a presenza do propio Xoán Xesús Ares na mesa onde se asinou o convenio, posto que o protocolo establece que a figura do tenente de alcalde ten validez para subsitutír ó alcalde, no caso de que este non estea presente.

    O responsable de comunicación lémbralle ó voceiro socialista, Xoán Xesús Ares, que son socios de goberno do BNG polo que debería amosar máis lealdade ós seus compañeiros ó fronte do executivo.

    Así mesmo, Alberto Piñeiro referiuse á visita realizada hai uns días polo ministro de Industria, Joan Clos, ó pazo de Goiáns na compaña do pòrtavoz socialista nun acto que si calificou de ‘electoralista’. O BNG considera que este tipo de actos ‘ de marketing e realizados para face-la foto’ pasaranlle factura ós socilistas nas urnas o vindeiro domingo.

    Redacción Barbanza