García: ‘O Real Decreto sobre desafiuzamentos é un parche insuficiente’

    psoepobradesafiuzamentos.jpgPOBRA> Os socialistas levarán ó pleno da vindeira semana unha moción para instar ó Goberno Central a que ninguén quede sen vivenda por non poder facer fronte ó pago da súa hipoteca.

    {flowplayer}barbanza/psoepobradesafiuzamentos.flv{/flowplayer}

    Para a voceira do PSOE da Pobra do Caramiñal, Teresa García Guillán, a crise e o aumento alarmante do desemprego, está a provocar que centos de miles de familias cheguen a unha situación límite que non lles permite cubrir as súas necesidades máis básicas, entre as que se atopa tamén o pago da hipoteca. Segundo ela o concello pobrense non é alleo a este fenómeno, xa que continúan a producirse cada día máis casos de familias completas con tódolos seus membros no paro. E aínda por riba de perder a vivenda, están expostos a unha condena financeira de por vida.

    Parche insuficiente

    Para Teresa García o Real Decreto sobre desafiuzamentos aprobado recentemente polo Goberno Central é un parche insuficiente que non soluciona o problema na súa dimensión real, ó quedar excluídas das medidas miles de familias que van a seguir sufrindo igual que ata o de agora a súa dramática situación, xa que se exclúen da suspensión os casos nos que a casa a queda un terceiro e non o banco, non se paralizan os intereses de demora e non recollen as familias monoparentales cun fillo e ós pensionistas.

    Sen vivenda

    Por estas razóns pide o apoio do pleno para instar ó Goberno Central para que ninguén quede sen vivenda por non poder facer fronte ao pago da súa hipoteca, e que de igual forma que xa se fai coas empresas, se lles permita renegociar a súa débeda, dándolles tempo para pagala.

    Redacción Barbanza