Rivera Mallo: ‘Foi IVIL quen garantiu a gobernabilidade do Concello’

    mitinivil_100_210507.jpgVILAGARCÍA >IVIL foi quen garantiu a gobernabilidade do Concello de Vilagarcía’, así o dixo, José Luís Rivera Mallo, …

    … ante un ateigado salón de actos na Casa de Cultura de Vilagarcía.

    mitinivil_200_210507.jpgOs militantes e simpatizantes de IVIL encheron o venres pola noite o salón de actos da Casa de Cultura de Vilagarcía para apoiar ó seu cabeza de lista José Luís Rivera Mallo. Antes da súa intervención, falaron os candidatos Alberto Carou e Sofía Dios, mailo actual edil Jesús Diéguez para explicar o feito nos últimos catro anos por IVIL e o que teñen recollido no seu programa electoral.

    Pero tamén para arremeter contra o resto de partidos que aspiran ó goberno vilagarcián. A Fajardo advertíronlle que isto non é a Unión Soviética, senón Vilagarcía, e ó BNG, PP e PSOE lembráronlles os 32 millóns de pesetas que lle custaron ás arcas municipais por cada concellería liberada. Esto último encargouse de deixalo en evidencia Rivera Mallo, non sen antes lembrar que IVIL foi o único que garantiu a gobernabilidade do Concello.

    Redacción Salnés