A Beira do Mar péchase na Casa Consistorial ata que non se atope solución ao seu problema

    A ILLA > Os veciños da Illa afectados polos expedientes de Costas deron un paso máis nas súas reivindicacións. Arredor de medio centenar de persoas se pecharon na casa consistorial a mediodía coa intención de non saír ata que Política Territorial se comprometa a solucionar o seu problema. Cren a Xunta non ten vontade política e que unha vez pasen as eleccións, será aínda máis difícil chegar a acordo.

    pecheabeiradomar_200_220507.jpgArredor de medio cento de veciños da Illa comezaron ao mediodía o peche indefinido na casa consistorial. Armados con pancartas e sacos de durmir, instaláronse na primeira planta do concello ante a porta do alcalde para presionar ao goberno local a conseguir unha xuntanza coa conselleira de Política Territorial. Os veciños están moi molestos pola negativa de Política Territorial a recibilos na xuntanza prevista para o luns e que finalmente non se celebrou xa que os partidos da oposición se negaron a acudir se non se deixaba estar ao colectivo. Os veciños cren que a Xunta non ten vontade política para solucionar o seu problema e pide unha actuación urxente para rematar cos embargos. O alcalde da Illa asegura que non vai desaloxar aos veciños pero recoñece que este peche supón un problema e ve difícil que vaia servir para forzar esa reunión na consellería, polo que se prevé que o peche vai para longo.

    Redacción Salnés