Morre repentinamente Xesús González, responsable do BNG de Caldas

    xesusglezaboybngcaldas_100_220507.jpgCALDAS > Xesús González Aboy apareceu morto esta mañá na súa cama. Descoñécense as causas do falecemento.

    Xesús González Aboy foi atopado morto esta mañá na cama pola súa muller, que acudiu a despertalo ó ver que non se levantaba. González Aboy tiña 42 anos e ademais de ser nomeado recentemente responsable local do BNG, tamén formaba parte da candidatura. Incluso solicitara uns días libres no seu traballo como funcionario do ISM de Vilagarcía para adicarse de cheo á campaña.

    A súa morte provocou unha gran conmoción en Caldas onde o BNG anunciou a suspensión de tódolos actos de campaña. O candidato á alcaldía, Tino Carou, asegurou que onte traballaron normalmente e non notou nada estrano en Xesús, polo que haberá que esperar á autopsia para sabe-las causas do falecemento. Prevese que o corpo de Aboy volva a Caldas mañá pola mañá e que o enterro sexa pola tarde.

    Redacción Salnés