![]()
CALDAS > Continua a loita contra a bacteria da microcistina do río Umia. Esta mañá reuníronse o alcalde de Moraña, Jose Amador Eiras, o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rei e a Deputada Autonómica, Carmen Cajide …
… para dar unha rolda de prensa na que todos afirmaron estar solventando rapidamente o problema medioambiental ó que se enfronta este río.
O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rei pronunciábase ó respecto dicindo que ‘hai un antes e un despois do tratamento do río Umia’ e falou de que se está tentando curar a este río que ‘leva enfermo moito tempo’.
Con esta rolda de prensa os concellos de Caldas, Moraña e Cuntis amosaron a súa preocupación polos verquidos ilegais que sufre o Umia pero tamén recordaron que se está a levar a cabo un saneamento da zona a través de depuradoras e colectores que se están colocando no río gracias a unha iniciativa da Deputación.
O alcalde de Caldas recordou tamén que coa nova organización da Xunta de Galicia se destinou a esta problemática unha contía por riba dos 10 millóns de euros para melloras medioambientais do río Umia e que os análises de potabilidade realizados onte tras o paso da auga pola depuradora dan como resultado que a auga é potable. A mediados desta semana volveranse realizar análises que determinarán se a auga do río serve para o baño.
A alcaldesa de Cuntis, Fátima Monteagudo, non asistiu pese a que se agardaba a súa presencia por non darlle tempo a chegar ó edifico comarcal de Caldas onde se deu a rolda de prensa.
Redacción Salnés









