PONTECESURES> Pontecesures celebrou durante as festas do Carme un dos seus actos máis especiais, a inauguración da restauración da bandeira do Carme e a acta de entrega da mesma. Un evento que serviu para poñer en valor e conservar o patrimonio da vila. No acto tamén se homenaxearon aos emigrantes e aos mariñeiros de Pontecesures.
As festas do Carme do 2022 serán sempre recordadas no concello de Pontecesures. Non só, porque sexan as primeiras trala pandemia, se non porque grazas a implicación do concello e ao traballo do museo de Pontevedra, Pontecesures puido restaurar a súa tan importante bandeira da liga de amigos do Carmé así como a acta de entrega da mesma.
A restauración da bandeira, supón poñer en valor o patrimonio e a historia de Pontecesures e poñela a disposición das vindeiras xeracións.
O concello tiña pendente dende hai anos restaurar a bandeira, pero foi o descubrimento nunha casa da acta de entrega da mesma o que mobilizou a todos os implicados.
No acto tamén se homenaxeou a todos os emigrantes e mariñeiros de Pontecesures.
O concello, e en extensión toda a veciñanza, recuperou así unha parte importante da súa historia. Unha bandeira con máis de 100 anos de antigüidade, presentada xustamente na celebración das festas do Carme e que ser convirte nun éxodo de unión entre o pasado e o futuro de Pontecesures, pero tamén entre os veciños que residen na vila e os que tiveron que marchar dela.