Arranca “Emprega Salnés V” abalado polos excelentes datos de emprego das edicións anteriores

    CAMBADOS> Arranca o proceso formativo das sesenta persoas elixidas para o Programa Integrado de Emprego “Emprega Salnés V”, promovido pola Mancomunidade de O Salnés. 

     

    Unhas 60 persoas desempregadas da comarca comezaran a formarse no Programa Integrado de Emprego “Emprega Salnés V”, promovido pola Mancomunidade de O Salnés. 

    O acto inaugural celebrouse na nova sede da Mancomunidade en Exposalnés, coa presenza do Presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán e a coordinadora do curso, Begoña Verísimo, entre outros.

    Os organizadores deron a benvida aos alumnos recordando os éxitos do Plan Integrado de Emprego nas súas edicións anteriores. Uns datos, que segundo din dende a Mancomunidade, gustaríalles mellorar aínda máis. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/25/obradoiro_emprego_salnes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/25/obradoiro_emprego_salnes.mp4{/flowplayer}¡