Touriño manifesta o apoio da Xunta ó programa de Teresa Casal

    mitinpsoepontevedra100_220507.jpgPONTEVEDRA > Emilio Pérez Touriño amosou onte o apoio expreso do goberno da Xunta ó programa de Teresa Casal

    … A candidata aproveitou o mitin de onte para repasar as numerosas actuacións realizadas nesta lexislatura polas concellerías do PSOE, fronte ó único proxecto do BNG, a colocación de losetas.

    mitinpsoepontevedra200_220507.jpgApoios expresos do goberno da Xunta, foi o que tivo onte a candidata do PSOE á alcaldía de Pontevedra. Teresa Casal celebrou no Teatro Principal o seu mitin central co respaldo do presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG. Emilio Pérez Touriño afirmou que Casal será unha alcaldesa que terá detrás un partido que sempre lle dará alento e apoio e pediu o voto socialista para que Pontevedra poida gañar estabilidade e un novo impulso de progreso.

    Os socialistas prometen, entre outros proxectos: incluír a Pontevedra no plan de transporte metropolitano para as cidades galegas, con billete único; un plan urbano transparente, e sostible; máis solo industrial, saneamento do rural; conexión de Pontevedra coa A-57, reforma do Nó do Pino, ou unha autovía libre de peaxe e alternativa á AP-9 entre Vilagarcía, Pontevedra e Vigo. Así o destacou a candidata Teresa Casal, non sen antes deixar e evidencia que ‘o liderazgo do BNG está esgotado e que votar ó PP é votar oposición’.

    No mitin, Touriño anunciou que este xoves o Consello da Xunta aprobará o plan sectorial de incidencia supramunicipal, que dará vía libre ó proxecto definitivo do Hospital Único.

    Redacción Salnés