O 20 e 21 de Xullo: Revenidas 2012

    VILAGARCIA> O 20 do mes que ven comezan as Revenidas 2012; un completo programa de actividades nos que non faltarán os concertos…

    {flowplayer}images/salnes/festival_revenidas_280612.flv{/flowplayer}

    … ó aire libre, ás sardiñadas populares e os espectáculos circences e teatrais para grandes e pequenos. Este evento cultural xa tradicional da parroquia vilagarciá de Vilaxoán conta con poucas novidades; unha delas a instalación dunha haima na honra dos visitantes saharauis a nosa comarca;e a outra, menos positiva, que os concertos será de pago; a 10 euros os concertos do venres e do sábado se é venda anticipada e 15 na billeteira.

    E que o orzamento que se precisa para levar a cabo tantas actividades é moi elevado; este ano sortean a crise grazas a unha subvención do AGADIC, que contempla nas súas bases tamén a importancia de cobrar polas actuacións para que se lle dea o seu xusto valor.

    A meirande parte dos grupos que actúan son da terra, pero este programa é moito máis amplo e contempla actividades para tódolos públicos. Para coñecelo abonda con surfear na páxina web www.revenidas.com. Para os que veñan de lonxe, que saiban que de novo este ano se van a habilitar varias zonas de acampada ó aire libre.

    A chamativa imaxe deste concerto e todo o merchandising que leva parello está deseñado, de novo este ano, pola empresa vilaxoanesa Caramuxo.

    Redacción Salnés