Acusados de violencia no ámbito familiar os pais do menor que onte resultou ferido

VILAGARCÍA> Os pais do menor de 11 meses, que onte, tivo que ser trasladado ao Hospital do Salnés, despois de resultar ferido no medio dunha liorta dos seus proxenitores, foron postos a disposición xudicial nos xulgados de Vilagarcía este mediodía.
O Xulgado de Instrución nº3 de Vilagarcía decretou a liberdade para os dous acusados de violencia no ámbito familiar, que onte tiveron unha liorta da que saíu ferido o seu bebé de 11 meses.
Despois da posta en liberdade celebrouse o xuízo rápido.
Foron condenados, cada un deles a un delito de violencia no ámbito familiar a 40 días de traballos en beneficio da comunidade, a privación do dereito a tenencia e porte de armas durante dous anos e a prohibición de aproximarse un a outro a un mínimo de 150 metros durante catro meses.
A primeira hora de este domingo os dous pais comezaron a discutir e agredirse, no seu domicilio situado na avenida da Mariña, en Vilagarcía, ao mesmo tempo que a muller sostiña en brazos ao pequeno, que acabou recibindo un golpe, polo que foi trasladado ao Hospital de O Salnés. Alí recibiu a alta poucas horas despois ao non rexistrar agresións de gravidade.
Con respecto ao bebé non se adoptou ningunha medida xudicial. O caso púxose en coñecemento dos servizos sociais por correspondese tomar algunha medida administrativa.