Segunda xornada de paro da construción na provincia de Pontevedra

    PONTEVEDRA > O sector da construción protagonizou, a nivel provincial, a segunda das dúas xornadas da folga convocada polo sindicato CIG como acto de protesta pola sinistralidade e as malas condicións destes traballadores. Outra das reivindicacións está relacionada cos baixos salarios que perciben.

    piquetefolgacontrucion_300_.jpgA folga do sector da construcción foi convocada pola Central Intersindical CIG, a nivel provincial. Na vila de Cambados, un grupo de traballadores manifestaba cales son as causas deste acto reivindicativo. Os obreiros, piden melloras nas condicións e aumento dos salarios que perciben, entre outras cousas.

    O representante da CIG, Xosé Bouzas, destacou as duras condicións de traballo do sector, con longas xornadas, que rebasan as oito horas diarias, na maioría dos casos e soldos demasiado baixos. Na provincia de Pontevedra hai uns 45.000 obreiros da construción que traballan nunhas 5.000 empresas, das que 215 conforman a Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC). CIG convocou a folga por entender que a negociación do convenio colectivo está paralizado e por defender un acordo provincial fronte ao estatal que, nuns dez días podería asinarse entre as outras centrais sindicais en Madrid.

    Redacción Salnés