O PSOE de Vilanova asegura que a Xunta cumpre os prazos do PXOM

    VILANOVA > O conflicto polo PXOM de Vilanova non da chegado ó seu fin. Fai uns días Gonzalo Durán acusaba á Xunta de incumpri-los prazos establecidos pola lei en materia de Urbanismo e ameazaba con levar á administración ós tribunais. O Goberno Autonómico respostou solicitando máis documentación e negando que os prazos foran incumpridos. O secretario provincial do PSOE en Pontevedra insistiu en que o expediente enviado polo concello presentaba numerosas eivas e comentou que alcalde de Vilanova é o maior problema que ten o municipio.

    A información requerida pola Xunta sobre o PXOM de Vilanova non só respecta os prazos establecidos senón que se fai precisa e absolutamente necesaria segundo os socialistas de Vilanova, que esta mañá acusaron a Gonzalo Durán de estar realizando unha campaña de desprestixio ó PSOE vilanovés.

    O voceiro do partido no concello dixo que non existe problema algún de secesión entre os socialistas e que o equipo de Goberno en Vilanova debería centrarse en dar explicacións sobre o proxecto. O informe remitido sobre o PXOM presenta numerosas irregularidades que que son responsabilidade dos populares e non dos socialistas como pretenden facer ver.

    Redacción Salnés