Francisco Villaverde é elixido presidente da ALS

    alscopy.jpgSANXENXO> Manuel Otero foi elixido presidente do comité electoral, encargado da confección da lista. Polo momento, non teñen candidato.

    {flowplayer}images/salnes/FRANCISCO_VILLAVERDE_ASEMBLEA.flv{/flowplayer}

    O ex edil popular, Francisco Villaverde é o novo presidente da Agrupación Liberal de Sanxenxo, formación que agrupa a un numeroso colectivo de críticos co PP local.

    A directiva tamén contará con Jaime García como tesoureiro e con Marcos Cacabelos coma secretario. Villaverde destacou que o seu partido está ó servizo dos veciños e que o seu valor fundamental é a xente que o compón.

    Así mesmo, a proposta de Villaverde, Manuel Otero Pombo foi elixido coma presidente do comité electoral que será o encargado da confección da lista coa que concorrerán ós comicios de maio. Unha candidatura coa que pretenderán, segundo Pombo, cambiar o modelo de xestión.

    Polo momento non teñen candidato pero xa confesaron que Villaverde non vai ser o cabeza de lista ó ser o presidente da formación. 

    Unha vez que a lista estea confeccionada terá que ser ratificada pola asemblea.

    Redacción Salnés