![]()
VILAGARCÍA > Un equipo común de goberno, pero tendo como base o proxecto socialista. É o que pretende conseguir Enrique León …
… en Vilagarcía para formar un goberno estable. Mañá iniciará unha rolda de reunións cos outros grupos que acadaron representación. BNG e Esquerda Unida son os primeiros na axenda socialista.
Trala alegría pola victoria do domingo, agora o PSOE de Vilagarcía reflexiona máis calmado os resultados. E faino con autocrítica, tal como indica o candidato Enrique León. A composición da nova corporación obriga á lista máis votada, a socialista, a arrimarse a outros grupos para conformar un goberno estable. Segundo indicou, quere ‘transversalidade, que haxa un equipo común de goberno, que todos formen parte dese goberno’.
BNG e Esquerda Unida serán os primeiros na axenda de Enrique León. A reunión celebrarase mañá aínda que non tiñan establecido horario. O resto de grupos que acadaron representación tamén entrarán nesta rolda de contactos. ‘O normal é que sexa con eses dous (BNG e EU) porque queremos un goberno de progreso con forzas da esquerda, pero por cortesía, tamén manteremos cos outros grupos’, indicou Enquique León.
O calendario establecido polo PSOE inclúe unha rolda de reunións para sondear as espectativas de cada grupo, outra para establecer método e calendario para elaborar un programa común e unha terceira para facer xa o organigrama do goberno municipal.
Redacción Salnés







