MADRID > A Comisión de medio ambiente do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade emprazar ó goberno…
…para acelerar as obras do proxecto do paseo marítimo entre a Punta do Ferrazo e Vilaxoán que foron acordadas entre o concello de Vilagarcía e a dirección de costas. Agora tanto BNG como PSOE atribúense o éxito desta iniciativa. Segundo os nacionalistas este éxito foi gracias á deputada do BNG, Olaia Fernández Davila quen aceptou transaccionar o texto final có grupo socialista para así lograr o voto unánime da Comisión a súa iniciativa.
Para os socialistas, sen embargo, Domingo Tabuyo foi o artífice desta transacción. O deputado asegura que a proposta do Grupo Mixto estaba obsoleta. Un proxecto que foi comprometido pola Direción Xeral de Costas en 1996, e que se foi retrasando ata hoxe. Esta acción quere recuperar e rehabilitar os espacios costeiros da ensenada do Rial que é un lugar de importante valor ecolóxico pero moi degradado.
Redacción Salnés