O BNG de Poio espera recupera-los votos perdidos en 2012

    lucianosobralxuliobarreiro_100_290507.jpgPOIO > Para os nacionalistas, a perda de votos é circunstancial e están convencidos de que os van recuperar en catro anos.

    Para o candidato nacionalista de Poio e alcalde en funcións, a suba do PP resposta á desaparición do CDS, polo que era predecible, mentres que culpan do seu retroceso á marcha ‘dunha persoa que se foi ó PSOE’ e tamén á alta abstención.

    O número dous do BNG local, Xulio Barreiro, tamén culpou ás mentiras da oposición sobre a falla de obras e a paralización do municipio, que callaron na sociedade, pero ‘unha vez que se empecen a ver as obras que están en marcha os veciños comprobarán o gran traballo feito nestes anos’.

    Mentres tanto, o BNG terá que negociar un goberno de coalición co PSOE, o que farán a partir da vindeira semana. E o farán en clave local e antepoñendo os intereses dos veciños a calquera outro. O BNG non impón ningunha condición ‘a priori’, anque terá en conta o resultado das eleccións, que lles deu a eles sete edís mentres que o PSOE só ten tres. Sobre o posible pacto PP – PSOE, Sobral veo difícil, xa que o electorado socialista non cre que ‘entendera un pacto cos populares’.

    E ademais o alcalde ve unha gran vantaxa na coalición BNG – PSOE. Que sería a mesma que teñen os dous partidos na Xunta e iso podería verse reflexado á hora de negociar as inversións autonómicas.

    Redacción Salnés