VILANOVA> As concelleiras de Vilanova saen ao paso para defender ao seu alcalde Gonzalo Durán trala negativa das alcaldesa Abal e Giráldez de acudir ao acto de Vilanova. Nuria Morgade e Ana Carballa criticaron ás socialistas por facer política co 25N e pediron a dimisión de ambas rexedoras.
A negativa das alcaldesas de Meis e de Cambados a asistir a actividade o rural contra a violencia machista, organizada polo GDR do Salnés Ulla Umia e que partía dende Vilanova, non gustou ás concelleiras deste municipio. As edís saíron hoxe ao paso para defender ao seu alcalde e criticar a decisión das dúas rexedoras.
As concelleiras de Vilanova defenderon as iniciativas de Durán levadas a cabo para loitar pola igualdade e contra a violencia de xénero no municipio.
As concelleiras piden as alcaldesas que tamén denuncien expresión como que fixo Durán cando sexan expresadas por concelleiros socialistas. E pediron a dimisión de ambas rexedoras por deixar de lado ás mulleres de Vilanova.
Á marxe deste conflito, dende Vilanova tamén anunciaron o acoso que está sufrindo Gonzalo Durán. Segundo advirten, xa puxeron en mans do xulgados e das forzas de seguridade unha serie de actos vandálicos contra Durán e a súa familia.
Ao estar en mans dos xulgados, os concelleiros non puideron dar máis detalles, pero pediron aos socialistas do Salnés que si Gonzalo Durán acosou a algunha muller que o digan claramente e que non fagan falsas acusación.