Bará renuncia ó Parlamento por motivos de saúde

     PONTEVEDRA> O edil do BNG en Pontevedra Luis Bará continuará neste cargo logo de pensar, segundo el mesmo declarou sen presións,…

    {flowplayer}images/salnes/futuro_luis_bara.flv{/flowplayer}

     …. se quedar neste cargo como ate o de agora tal e como querían os seus compañeiros de corporación ou se incorporarse ó grupo parlamentario do BNG en sustitución de Carlos Aymerich que dimitiu formalmente fai uns días.

    Finalmente foron razóns de saúde as que inclinaron a balanza a favor da súa permanencia no executivo local pontevedrés. Asegura Bará que a decisión foille ben difícil de tomar pero as prescripcións médicas sobre a doenza crónica que padece desaconsellaban emprender un novo camiño lonxe da súa vivenda habitual.

    Con todo o nacionalista asegura que en Pontevedra vai a continuar co seu ritmo de traballo e non descarta emprender proxectos futuros a medio prazo se os seus compañeiros así o avalan. O que máis lamenta Bará é non poder formar parte directamente en Santiago do novo proxecto que lidera Xavier Vence; un ideario co que se identifica plenamente.

    Mentres tanto, en Pontevedra, o Alcalde ratificaba a súa conformidade ca decisión tomada por Bará.

    O seguinte na lista do BNG para cubrir a vacante que deixa Aymerich na cámara do Hórreo é o edil de Moaña Daniel Rodas, quen de non haber sorpresa, podería incorporarse ó Parlamento nos próximos días.

    Redacción Salnés