Máis de 680 mulleres da provincia de Pontevedra solicitaron axuda no número de atención ás vítimas de violencia de xénero no que vai de ano

VILAGARCIA> A secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, Ángela Rodríguez, reúnese co alcalde de Vilagarcía para analizar as liñas nas que actuar proximamente nesas competencias. Tralo encontro sinalaron que hai tres eixos principais: a violencia de xénero, a discriminación á hora da conciliación e o incremento nos plans de corresponsabilidade. Aproveitando a visita, a secretaria tamén mostrou o seu apoio ao Festivala tralos ataques sufridos.

A secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, Ángela Rodríguez, visitou esta mañá Vilagarcía para manter un encontro de traballo co alcalde da vila e presidente da Fegamp, Alberto Varela. A reunión tiña como obxectivo analizar as posibles medidas a tomar nas vindeiras datas en favor da igualdade e contra a violencia de xénero. Precisamente esta última problemática é a que máis preocupa.

Outro dos datos máis preocupantes é que á hora de conciliar, case un 80% das excedencias son de mulleres.

A secretaria tamén criticou á xunta de Galicia pola situación da sanidade na autonomía. Ángela Rodríguez reclama máis apoio aos plans de corresponsabilidade. Uns plans aos que o goberno do estado destina en Galicia 10 millóns de euros.

Aproveitando a visita, a secretaria tamén quixo mostrar o seu apoio ao Festivala tralos ataques sufridos contra a súa exposición.

Dende o concello agradeceron a visita da secretaria así como a loita feminista do goberno central, pero especialmente por achegarse á exposición e á celebración do Festivala.

O encontro tivo lugar trala aprobación de dúas medidas para loitar contra o machismo. A nivel estatal a lei do solo si e si e a nivel local, no concello de Vilagarcía, a aprobación do cuarto plan de igualdade.