Os conselleiros do Porto de Vilagarcía despiden o ano cunha visita ás instalacións

    VILAGARCÍA > En xullo de 2007 o peirao do Ramal de Vilagarcía quedará libre. Estes días déronse as últimas concesións e autorizacións en precario nesta zona que pronto revertirá no porto vilagarcián. Un porto que busca xa novos terreos para medrar fora da liña de costa.
    Os conselleiros do porto de Vilagarcía celebraron a última sesión do ano cunha visita guiada polo recinto portuario acompañados polo presidente, Jesús Paz, quen lles foi explicando toda a actividade dos peiraos e os proxectos que están en execución. Entre eles, a búsqueda de novo chan en zonas industriais próximas ó porto. Dúas teñen un especial interese para Vilagarcía, a de Baión e a de Barro-Meis. Precisamente onte o Consello de Administración otorgou a Carrasco unha concesión no Ramal e sacou a concurso a concesión da antiga nave de Riasa no mesmo peirao. As dúas medidas deixarán de ter efecto a mediados de 2007.
    Por outra banda os conselleiros autorizaron a Parques Nacionales para que instale unha emisora de vixiancia e control científico en Sálvora e se actualizaron as tarifas do porto. Finalmente houbo un recordo para Aquilino López Peña, un traballador xubilado vinculado ós faros de Galicia que faleceu hai uns días.
    Redacción Salnés