O III Trofeo Fasquía da Illa de Arousa reunirá a corenta embarcacións

    fasquia290507__100.jpgA ILLA > A Asociación Cultural Deportiva e Promotora de Actividades Xuvenís Fasquía presentou a terceira edición do…

    …Trofeo Fasquía que se celebrará o vindeiro 9 de xuño. Esta regata será a primeira do Trofeo Galicia de Dorna e Vela e trátase dunha das probas máis difíciles desta competición. Espérase que corenta embarcacións de Cangas, O Grove, Vilanova ou a Illa participen nesta regata que marca o principio do Trofeo Dorna de Galicia. Os barcos sairán do porto de Xufre ás catro da tarde e percorrerán oito millas a navegar nun triángulo que irá dende este punto ata o faro de Xeixo e da ahí a boia de delimitación dos polígonos de bateas para regresar ó porto do Xufre. O alcalde da Illa loubou o bo facer de Fasquía e recoñeceu a importancia das iniciativas que se están a desenvolver dende esta asociación. Este trofeo conta entre os seus obxectivos a dinamización da dorna como embarcación tradicional, dar a coñecer este tipo de navegación, as súas normas e características e dar a coñecer a navegación en dorna a vela como unha práctica deportiva.

     Redacción Salnés