Caride e González fixan as condicións do enlace co polígono de Nantes

    sinaturasanxenxo100_260508.jpgSANXENXO > O enlace da autovía co polígono custará 3,5 millóns que financiarán Política Territorial, Concello e Xunta de Compensación.

    Finalmente haberá convenio a tres bandas para a construcción dun enlace da autovía do Salnés co parque empresarial de Nantes. A alcaldesa de Sanxenxo e a conselleira de Política Territorial fixaron hoxe nun protocolo de construcción deste acceso. O custe total da obra ascende a tres millóns e medio. Concello e Xunta aportarán cada un millón e medio e os cincocentos mil euros restantes achegaraos a Xunta de Compensación deste polígono.

    A Administración local porá disposición da Consellería os terreos necesarios libres de gravames e de cargas, ó tempo que Política Territorial deixará sen efecto o expediente expropiatorio que afectaba a eses terreos. A Xunta tamén se encargará de redactar, supervisar e aprobar o proxecto técnico do enlace, ademais de contratar as obras.

    O acordo non só permite a comunicación axeitada entre autovía e polígono senón tamén co resto da comarca do Salnés a través dos lugares de Altamira e Xuncabranca, en Vilalonga. Agora este protocolo debe ser ratificado a través dun convenio, pero antes debe ser sometido á aprobación do Consello da Xunta, do pleno de Sanxenxo e da asemblea da Xunta de Compensación.

    Redacción Salnés