Ribadumia goza xa do multitudinario regreso da Festa do Tinto

RIBADUMIA> Ribadumia xa vive por todo o alto a 49 edición da Festa do Tinto do Salnés. Esta mañá inaugurouse de xeito oficial, co tradicional corte de cinta e o brinde das autoridades. Por diante, unha intensa fin de semana de moita troula co viño como auténtico protagonista.

Dous anos despois, esta imaxe volve a Ribadumia. Esta mañá inaugurouse a 49 edición da Festa do Tinto do Salnés. Primeiro co corte de cinta, logo co brinde das autoridades. E xa, dende primeira hora con veciños e visitantes, gozando do regreso da festa. E é que xa había ganas.

E polo que nos contaban, o viño tan bo como sempre. E por suposto que o probamos. E non só nós. Tamén este alemán que visita estes días O Salnés e ao que lle contaron da sona deste viño. Xa todo un experto… Unha festa, ademais, que gusta a pequenos e maiores…

E non é para menos, porque ademais de viño, en Ribadumia estes días hai moito que facer. Tamén música a esgalla. Onte por exemplo, o Combo xa encheu. Porque mañá é o día grande da festa. Ademais do xantar, coñeceremos os gañadores da cata.

O alcalde de Ribadumia celebra que neste 2022 a Festa volva se-lo que foi. Por diante unhas xornadas multitudinarias nas que se respira as ganas de troula.

A Panorama, a Panamá, La Oca Band e un concerto de Roi Casal son parte dun programa festeiro co que Ribadumia, por fin, brinda de novo polo seu tinto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí