Un almacén de patacas roubado en Vilagarcía por valor de 12.000 euros

    VILAGARCÍA > A madrugada do venres ó sábado foi o momento elixido polos ladróns para introducirse nun almacén de patacas

    roubopatatas_300_300507.jpg…en Vilagarcía. A policía confirmou hoxe que unha persoa xa foi detida en relación a estes feitos. O método elixido foi un buraco na parede polo que un número indeterminado de persoas tiveron acceso ó interior das instalacións. 2.500 quilos de patacas. Esa foi a cantidade que lograron levarse os ladróns na madrugada do venres o sábado no almacén de patacas Novo. Ademais, tamén roubaron un coche que serviu ós presuntos delincuentes para levar o cargamento ata o seu destino, máis tarde o automóbil apareceu queimado. Segundo o xerente do almacén, Ángel Novo, a cuantía do botín ascende a cerca de 12.000 euros. Os presuntos criminais tamén desordenaron as oficiñas. Este foi o estado no que quedou a parede pola que entraron os intrusos. Hoxe cinco días despois xa está arranxada pero o susto permanece. Novo, asegura que non é a primeira vez que o seu almacén convertese no obxectivo dun roubo. A do pasado venres e a segunda vez que estas instalacións son atracadas en menos de tres meses aínda que naquela ocasión os métodos elixidos foron outros.

    Redacción Salnés