Cambados reclama un bus dende o Cotarelo para que os estudantes non agarden tres horas para volver a casa

CAMBADOS> O goberno de Cambados reclama un autobús escolar para 7 estudantes da vila matriculados no Cotarelo Valledor de Vilaxoán. Os alumnos, unha vez rematadas as clases, teñen que agardar máis de tres horas para poder coller o transporte da liña Santiago O Grove. Dende a concellería de mobilidade da vila xa presentaron un escrito á xefatura territorial de educación e á dirección xeral de transportes esixindo unha solución.

Cando rematan as clases nos centros educativos ao medio día, o máis habitual, é que o alumnado vola para as súas casas. Unha situación que non é posible para 7 alumnos cambadeses matriculados no instituto Cotarelo Valledor de Vilaxoán. A falta de un bus escolar obriga aos escolares a agardar tres horas polo transporte da liña Santiago O Grove.

As familias piden un bus para que os escolares poidan volver a Cambados. Dende o goberno da vila xa presentaron un escrito á xefatura territorial de educación e á dirección xeral de transportes esixindo unha solución.

O centro ten unha liña de bus escolar que remata en Vilanova. As familias tamén piden, se non hai outra solución, que os escolares poidan coller ese bus e así quedar máis preto de Cambados.

A iniciativa será levada tamén ao vindeiro pleno municipal. Dende a concellería de mobilidade agardan que sexa aprobada por unanimidade e esixir así unha solución as autoridades competentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí