PONTEVEDRA > A UDyCO Galicia detivo a seis persoas na zona de Pontevedra relacionadas co tráfico de estupefacientes. Entre eles hai dous veciños de Vilanova de Arousa, J.A.F. de 21 anos, e S.P.J. de 23…
… Os outros detidos son un veciño de Salvaterra, un de Tui, e outro de Porriño, máis unha muller tamén de Porriño.
O dispositivo policial desenvolveuse no transcurso da operación Chuzo, baixo a dirección do Xulgado de Instrucción número 1 de Tui e da Fiscalía Antidroga de Pontevedra. A Policía Nacional contou ademais coa colaboración de persoal do Greco-Galicia. As detencións tiveron lugar este mércores, xunto con diversas entradas e rexistros en Vilanova, Tui, Salvaterra e Porriño. Neles interviñéronse 104 gramos de cocaína, 771 gramos de hachís, 12 plantas de marihuana, 14 móbiles, 7 básculas de precisión, 830 euros e 2 vehículos, un deles cunha caleta – escondite.
A investigación iniciouse en decembro de 2006 coa información de que este grupo organizado movía na zona de Tui entre 10 quilos de cocaína e 4 de heroína. Os seis detidos, custodiados en calabozos de Pontevedra e Vilagarcía, pasaron onte a disposición xudicial e o xuíz decretou prisión para todos agás a única muller detida, que se atopa en liberdade con cargos.
Redacción Salnés