O BNG de Boiro denuncia o abandono do rural

    BOIRO> Os nacionalistas desprazáronse ata o lugar de Moimenta, na parroquia de Macenda, para comprobar que a última actuación executada na zona foi promovida durante a anterior lexislatura. Tralo empedrado das principais rúas e a construción dun centro social tan só quedaba pendente a construción das beirarrúas que o anterior goberno deixou mesmo cos fondos consignados. Dende o BNG contrapoñen o interese amosado polo anterior bipartito por dinamizar a vida no rural, co total abandono por parte do actual executivo. Insisten na necesidade de investir nas aldeas para convertelos en núcleos atractivos para vivir evitando a despoboación. Non só denuncian o abandono do rural senón que dende as filas nacionalistas critican tamén a pasividade do goberno por non promover os servizos necesarios para potenciar aBoiro como centro de referencia da comarca. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/25/bngboiroabandonorural2502151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/25/bngboiroabandonorural250215.mp4{/flowplayer}