Absolto o ex contable da confraría do Grove acusado de estafa e falsidade

    fabricio_fernandez100.jpgPONTEVEDRA> Fabricio Fernández, quen fora contable da confraría de San Martiño do Grove, quedou hoxe absolto dos delictos de falsidade e estafa.

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_estafa_confraria_grove.flv{/flowplayer}

    Esta mañá celebrouse o xuízo nos Xulgados de A Parda, en Pontevedra. A Fiscalía propuxo a prescrición dos delictos, ó pasaren tres anos desde a súa comisión ata que se denunciaron. Unha proposta que aceptou a defensa e tamén a avogada do Consorcio de Compensación de Seguros.

    Foi precisamente este organismo quen en xuño de 2010 presentou a querela contra o ex contable por solicitar unha subvención utilizando, presuntamente, documentación falsa relacionada coa Confraría, con data de novembro de 2006.

    Ante isto, o xuíz dictou xa hoxe sentencia oral absolutoria para Fabricio Fernández, sen reclamar a ningunha testemuña, entre as que estaba citado o patrón maior Francisco Iglesias. Outras das citadas era Cati Montesinos, quen fora secretaria da Confraría do Grove.

    Montesinos afirma que os responsables do pósito meco eran coñecedores dos feitos antes de que se denunciaran e asegura ter documentación que o acredita. Montesinos asegura incluso que en 2007 ela mesma informou do asunto á entón conselleira de Pesca Carmen Gallego, sen que se tomasen medidas.

    Cati Montesinos entende que se a directiva da Confraría actuara entón, se evitaría o posterior desfalco ó que tamén se lle acusa a Fabricio Fernández.

    Tanto fiscal, como acusación e defensa renunciaron a recorrer a sentencia deste xuízo.

    Redacción Salnés