Un cadro de Vítor Mejuto ilustrará o anuario do porto de Vilagarcía

    susopazvitormejuto_100_010607__still_001.jpgVILAGARCÍA > A obra do artista vilagarcián ilustrará a portada do anuario da Autoridade Portuaria do ano 2006.

    cadromejuto_200_010607__still_002.jpgO cadro elaborado polo artista Vítor Mejuto titúlase ‘Gran Ramal 2007’ e segundo explicou o propio presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Jesús Paz, é unha variación sobre outro que xa fixera o pintor arousán hai xusto dez anos para o porto.

    Entón tamén pintara o Ramal no que fora o primeiro encargo de Mejuto, que agora quixo recuperar aquel traballo para representa-lo cambio do porto e tamén da súa obra, moito máis abstracta. Anque neste ‘Gran Ramal 2007’ volveu atrás na súa evolución pictórica e optou por algo máis realista. No cadro pódense apreciar perfectamente as grúas diante dos almacéns do porto. Todo sobre un fondo azul que representa o mar e o ceo vilagarciáns.

    A obra encabezará o Anuario 2006 da Autoridade Portuaria de Vilagarcía pero ademais o cadro permanecerá na entidade, que continúa así o seu proxecto de implicar ós artistas locais na actividade do Porto e que éste se integre na vida social e cultural do pobo.

    Redacción Salnés