A Xunta activa un plan preventivo contra o calor

    GALICIA > Ata o vindeiro 30 de setembro, a Xunta de Galicia desenvolverá un plan estratéxico para evitar os efectos das vagas de calor nos colectivos máis vulnerables, como son nenos ou anciáns. As principais recomendacións céntranse en evitar a exposición prolongada ó sol, non realizar esforzos físicos nas horas de máis calor e garantir unha constante hidratación.

    vellosacaloradosweb_300_040.jpgPara evita-las negativas consecuencias das altas temperaturas sobre a saúde, a Xunta de Galicia en colaboración co goberno central, vén de activar un plan de prevención dos posibles riscos. Deste xeito, xa están marcha os mecanismos de seguimento para predicir a chegada de vagas de calor ó longo de todo o verán co fin de decretar distintos niveis de alerta en función das temperaturas que se poidan acadar.

    A cidadanía poderá dispoñer constante mente da información meteorolóxica e consulta-las medidas de precaución a adoptar, nos casos de calor extrema, a través do teléfono gratuito da Cruz Vermella, 900 22 22 99. O plan de prevención está dirixido a toda a poboación aínda que incide especialmente nos colectivos de maior risco como os nenos, os enfermos crónicos ou a terceira idade. Para eles, os expertos realizan unha serie de recomendacións moi prácticas para sobrelevar as altas temperaturas.

    Precisamente, a administración establecerá un sistema de comunicación permanente cos centros de atención á terceira idade ou profesionais do sector social, para informar das medidas en cada nivel de alerta. O obxectivo é que tanto as residencias como os centros de día garantan un clima axeitado para o benestar dos usuarios evitando temperaturas extremas. Esta é tamén a intención do director da residencia da Pobra que reclama á Consellería de Vicepresidencia a colocación dun sistema que evite a incicdencia directa do sol na facahda sur do edificio.

    Coa posta en marcha deste plan, tanto a administración autonómica como a estatal, pretenden reducir os efectos das vagas de calor na saúde, que durante o pasado verán, cehagron a causala morte de 21 persoas en toda España.

    Redacción Salnés