![]()
A ILLA > O departamento de educación, xuventude e deportes da Illa de Arousa ven de presentar as actividades que programa para…
… os vindeiros tres meses. A primeira delas serán unhas charlas e talles de educación afectivo sexual. Logo, do día 15 ó 18 do mes que ven, os rapaces e rapazas que o desexan poderán asistir, por só 50 euros, a un viaxe á estación invernal de San Isidro en León e ó casco histórico de Oviedo. Á volta, dos días 19 ó 22 de marzo, comezarán diferentes cursos de baile de estilos como o hiphop, danza oriental e capoeira para un total de 30 persoas de entre os 12 e os 30 anos.
Para os mais pequenos, o concello prepara tamén un obradoiro de creación e manexo de monifates o día 22 de marzo. O Concello da Illa tamén inclúe unha ludoteca dentro das súas actividades, ca proxección dos días 15 ó 19 de varios filmes dixitais, especialmente en lingua galega. Esta oferta está complementada por dúas exposicións sobre ecoloxía e os ecosistemas acuáticos, e cunha viaxe á estación hidrobiolóxica de Castroagudín; ademáis dun programa de captación de voluntariado para labores humanitarias, varios cursos de informática para maiores e mesmo cursos de capacitación en lingua galega nos seus distintos niveis.
Para acceder a máis información poden chamar en horario de mañá o propio departamento organizador, no número de teléfono 986 52 70 80.
Redacción Salnés







