Protección Civil de Vilagarcía presenta un camión feito por eles mesmos

    franciscoguillanbusto_100_160307.jpgVILAGARCIA > A agrupación de protección civil de Vilagarcía presentou hoxe en sociedade ó seu novo camión. Con él poderán atenderse

    …o 95 por cento das saídas da agrupación, aínda que como complemeto a este valor está o sentimental xa que foi contruido case na súa totalidade polos propios voluntarios, o que supuxo 90.000 euros de aforro municipal.proteccioncivil_200_160307.jpg

    A presentación do camión realizouse esta mañá coa entrega simbólica das chaves, por parte do dono do concesionario, Santiago Iglesias ó alcalde, Javier Gago. Este camión únse a unha flota de 9 vehículos, ademáis dun quad, 3 lanchas e unha moto de auga. Con esta nova incorporación, os efectivos de protección civil poderán atender o 95 por cento das urxencias cun só vehículo.

    Equipamento

    O camión ten unha potencia de 186 cabalos e doble cabina con capacidade para 7 personas, e está composto por material sanitario e padiolas, bombas de achique, equipos de excarcelación e rescate en altura. Tamén conta cun depósito de 1400 litros e todo tipo de material para a extinción de incendios.

    Segundo asegurou Guillán Busto, ó tratarense dunha agrupación de voluntarios contan con profesionais de tódolos sectores que se encargaron cadanseu da parte que lles correspondía na construcción do camión. Así de satisfeitos posaron ó final do acto co traballo ben feito ás súas costas.

    Redacción Salnés