O campo de fútbol do Terrón podería estar listo para o verán

    terronobras100_070607.jpgVILANOVA > As obras do campo de fútbol do Terrón van a moi bo ritmo. Así o constatou esta tarde o alcalde en funcións …

    … de Vilanova, Gonzalo Durán. Segundo explicou a vindeira semana xa se colocarán as tuberías de drenaxe e de seguiren así as obras, o campo podería estrearse este verán.

    Este verán podería estar listo o campo de fútbol do Terrón. Así o estima o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, a tenor do ritmo acelerado que levan as obras. Hai algo máis de dúas semanas a Xunta daba vía libre a este polémico proxecto, que permitirá a construcción dun campo de fútbol de herba artificial de última xeración, con sistema de drenaxe e rego, alumeado e marcador electrónico e cun peche vexetal. O presuposto da obra ascende a 700 mil euros.

    O campo de fútbol é o primeiro dos servizos lúdicos e deportivos que o Goberno Municipal de Vilanova ten deseñado para esta zona do Terrón. Un complexo de talasoterapia, con piscinas incluídas, é outra das súas apostas. Nestes intres, o Concello xestiona vías de financiamento. O alcalde lembrou que aínda lles quedan terreos pendentes de adquirir para darlle cabida a tódolos proxectos do Terrón.

    Redacción Salnés