![]()
VILAGARCÍA > Esta fin de semana varios representantes do Concello de Vilagarcía, ca alcaldesa á cabeza, reuníronse en Bamio cos veciños…
… para falar de dous temas fundamentais: a futura elaboración dunha senda verde que una Bamio e Carril pola Costa, e a presentación do proxecto do futuro centro social. A primeira destas actuacións, a da senda verde, é un proxecto da Dirección Xeral de Costas do Estado para ó que o Concello está negociando as cesións de terreos por parte dos veciños.
Os veciños están moi satisfeitos con esta nova infraestructura que suporá unha importante dinamización do entorno; grazas a unha achega de case 800.000 euros.
O outro dos temas que se abordou foi a da creación dun novo centro cultural na localidade, que substitúa ós actuais barracóns prefabricados. Agora son os veciños os que van a presentar alegacións a este anteproxecto redactado polo arquitecto municipal; para que logo se redacte e se licite o proxecto de execución definitivo.
Redacción Salnés







