Portos expón o proxecto do posto de venda da Confraría

    vendaconfrariagrove100_070607.jpgO GROVE > A Confraría espera poder abrir en agosto o seu punto de venda na lonxa. O proxecto continúa os seus trámites …

    … e desde hoxe está a exposición pública nas oficinas de Portos de Galicia en Pontevedra.

    Portos de Galicia inicia hoxe a exposición publica do expediente que establece o cambio de uso de 130 metros cadrados da concesión administrativa que a confraría do Grove ten na lonxa. O pósito pretende dedicar este espazo a un punto de venda directa de productos de pesca artesanal e marisqueo. Á espera de completar os requisitos burocráticos, os particulares poden seguir comprando marisco e peixe na subhasta que cada tarde se celebra na lonxa, sempre que non adquiran máis de tres quilos de producto.

    Estableceuse un prazo de 20 días hábiles para consultar o expediente nas oficinas de Portos de Galicia en Pontevedra e para presentar alegacións. Algo que están dispostas a facer as peixeiras do Grove. O colectivo leva desde o principio opoñéndose á iniciativa da Confraría, por considerala competencia desleal, e afirman incluso que as súas vendas diminuíron desde que os particulares van a comprar á lonxa. Protestas que xa levaron en varias ocasións á rúa e ante os representantes políticos sen conseguir, de momento, parar o proxecto.

    Mentres, os trámites avanzan en favor da confraría, que manexa o mes de agosto como data máis probable para abrir o punto de venda.

    Redacción Salnés