Trescentos piragüistas galegos disputan o sábado o Descenso do Umia

baixadaumia2_060607__100.jpgRIBADUMIA > A Baixada do río Umia reunirá a uns 300 piragüistas que tomarán a saída na praia fluvial de Portas este sábado…

… ás cinco da tarde. A proba foi presentada este mediodía no concello de Ribadumia, meta final dun descenso que xa cumpre trece anos.

baixadaumia_060607__200.jpgUns trescentos piragüistas, de 33 clubs galegos disputan este sábado o Descenso do Umia. A saída farase coma sempre desde a praia fluvial de Portas, ás cinco da tarde, con chegada ó Refuxio de Cabanelas en Ribadumia sobre as oito da tarde. A velocidade dos padexeiros na saída será fundamental para marcar o resto da traxectoria no río, xa que o Umia conta con importantes estreitamentos. A proba puntúa para o Gran Premio de Galicia de Ríos e Travesías – Copa Xunta 2007.

Na organización destaca a labor do club ribadumiense O Muíño. O seu traballo na promoción do piragüismo e no apoio ó deporte base, vese recompensado agora polos éxitos dos seus padexeiros. Paulino Otero e David Maquieira están a piques de ir ó equipo nacional junior, e Lidia Martínez está á espera de ser chamada para formar parte da expedición nacional que irá ó mundial deste ano.

A presentación desta décimo terceira edición tivo lugar este mediodía no concello de Ribadumia, coa presencia da alcaldesa en funcións Salomé Peña e do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Ambos destacaron a beleza paisaxística dos 13 quilómetros polos que discorre a Baixada do Umia. O presidente da Deputación avogou pola conservación do río Umia e amosouse disposto a acometer un novo acondicionamento das marxes e do cauce na vindeira primavera.

Redacción Salnés