Amegrove crea Amecomar para recoller e reciclar o lixo mariño

O GROVE> A cooperativa Aemegrove crea un proxecto chamado Amecomar para limpar o lixo mariño. Esta iniciativa conta coa colaboración da asociación Bata e do concello para poder dar unha segunda oportunidade aos restos retirados do mar. Todos os barcos estarán equipados cuns depósitos nos que recollerán todo o lixo mariño posible.

Porque vivimos do mar e porque vivimos no mar. Con esta frase, o presidente de Amegrove presentaba o novo proxecto de recollida mariña da cooperativa, Amecomar. Unha iniciativa mediante a cal, os barcos da cooperativa instalarán uns depósitos a bordo para retirar do mar todo o lixo posible.

Os materiais retirados do mar será recollidos polo concello para darlle aos residuos unha segunda oportunidade, favorecendo a economía circular.

O proxecto tamén conta coa colaboración da asociación Bata para favorecer a inclusión laboral dos seus membros.

Outras das patas deste proxecto é a concienciación. Que todos os sectores e a veciñanza teñan clara a importancia de non tirar lixo o mar.

No acto estiveron presentes membros da confraría e doutros sectores. Dende a cooperativa tenderon a man para que todos se sumen ao proxecto, destacando que a clave do éxito desta iniciativa é a colaboración.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí