Vilanova organiza proxeccións, un coloquio e un café musical para loitar contra a violencia de xénero

VILANOVA> Vilanova organiza neste mes de novembro unha serie de iniciativas para loitar contra a violencia de xénero. O programa inclúe proxeccións, un coloquio e mesmo unha actuación musical. Tamén se fomentarán as actividades nos centros educativos da localidade para concienciar contra os malos tratos xa dende ben pequenos.

Vilanova vólcase contra a violencia machista. Durante este mes, o Concello vai acoller un variado programa de actividades para visibilizar esta lacra.

Ademais de proxeccións, vaise celebrar un coloquio no que se debaterá sobre o papel das mulleres e dos homes na loita contra a violencia de xénero.

O 25 de novembro, coincidindo co Día Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller, a Casa do Concello vai acolle-la lectura do manifesto institucional.

O programa culmina cun espectáculo musical moi especial, “Porque eu válloo” na sede social dos xubilados.

Ademais destas actividades, o Concello impulsa formación específica nos centros educativos do municipio.

O alcalde vilanovés reivindica estas iniciativas a prol da visibilización da violencia de xénero. Con todo, defende  un endurecemento das penas para porlle couto á lacra.

Durán tamén cargou contra certos programas televisivos que, segundo dixo, fomentan dun xeito gratuíto a violencia verbal e física contra as mulleres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí