Política Territorial nomea a Gago como presidente do Porto

    javiergago100_110607.jpgVILAGARCÍA > Confirmáronse os rumores da última semana. Javier Gago substituirá a Jesús Paz á fronte da Autoridade Portuaria

    … de Vilagarcía.

    Javier Gago deixa o Concello pero non Vilagarcía. En canto cese como alcalde en funcións pasará a ocupar a presidencia da Autoridade Portuaria, en substitución de Jesús Paz. A Consellería de Política Territorial inicia hoxe o procedemento para designalo como presidente do porto.

    A dispoñibilidade de Gago tras decidir non repetir como candidato á Alcaldía, e o seu profundo coñecemento da rada arousá foron as bazas que xogaron ó seu favor para que finalmente fora el elixido para tomar as rendas do Porto. Durante anos formou parte do consello de administración e como alcalde tivo que facerse cargo moitas veces de cuestións intimamente relacionadas co porto, xa que moitas decisións portuarias precisaron do respaldo da administración local.

    Con este nomeamento, Gago, licenciado en Dereito, suma un cargo máis ó seu curriculum. Ademais do 16 anos alcalde de Vilagarcía, foi delegado provincial da Consellería de Ordenación do Territorio, deputado no Congreso, vicepresidente da Comisión Provincial de Urbanismo, vicepresidente da Comisión Provincial de Vivenda e presidente da empresa pública Surponsa (hoxe Xestur).

    Redacción Salnés