Mónica Santamaría despídese da concellería ‘satisfeita co conseguido’

    monicasantamaria_100_140607__still_001.jpgSANXENXO > Mónica Santamaría, deixa mañá o seu cargo como concelleira de Turismo de Sanxenxo. O sábado tomará posesión a nova corporación.

    A partir do sábado Mónica Santamaría deixa as súas reponsabilidades públicas dos últimos 8 anos para adicarse á súa vida profesional e persoal. Mónica fixo hoxe balance desta etapa que consideran sumamente positiva. Non quixo esquecer neste momento importante da súa vida a Telmo Martín, a persoa que a chamou no seu día para encabezar este proxecto e ó que nunca lle poderá ‘agradecer a oportunidade’.

    Mónica asegura que aprendeu moito nestes oito anos e que os coñecementos e a experiencia adquirida nestes anos foron sumamente importantes tanto para a súa vida ‘profesional como persoal’. Ademais está moi satisfeita co traballo e co cambio que deu Sanxenxo nestes anos. Entre os logros, ademais de consegui-lo porto deportivo, destaca a apertura das oficinas de turismo durante todo o ano, as novas instalacións da concellería e o impulso dado á tempada baixa. Asegura que se vai satisfeita e decidida a comezar unha nova etapa.

    Presentación de guías

    monicasantamaria_300_140607__still_003.jpgE para remata-la súa labor como concelleira, Mónica presentou as últimas guías editadas polo seu departamento. Trátase dunha guía profesional e dun  boletín sobre o porto deportivo e deportes náuticos. Deste editáronse 10.000 exemplares que se repartirán en oficinas de turismo, feiras e no propio porto. Da guía profesional hai 3.000 que irán destinados a axencias de viaxe, xa que foron as que pediron este tipo de publicación que recolle tódolas instalacións relacionadas co sector turístico.

    Redacción Salnés